jueves, 17 de junio de 2010

Benvidos!!!!

Benvidos a este novo curso de Bioloxía e Xeoloxía, e benvidos a 4º da ESO!!Noraboa!!!

A partir de agora imos a dedicar este espazo á obtención da información para este novo curso que ides a comezar. Aquí teredes todas as presentacións en power point que iremos vendo ó longo do curso, para que no momento que o precisedes, ou queirades, podades visualizalas, e gardalas no voso equipo persoal.

Tamén poderedes coller as prácticas de laboratorio, e as diferentes visitas e saídas ó campo que realizaremos.

Por outra banda, atoparedes información para a realización de diferentes actividades ó longo do curso, e os resultados de outras tantas, que vos mesmos subiredes neste blog.

Polo tanto, tede presente a visita frecuente a esta dirección, gardádea nos vosos favoritos!!!

E así, damos por comezado este curso!!!!

Moito ánimo!!!